A Gladiator Race anuncia novidades para a súa quinta edición en Pontevedra
Por Redacción
A quinta edición da popular carreira Gladiator Race en Pontevedra contará con "novos desafíos".
Así o anunciou a organización da proba, que se disputará o día 1 de xuño na contorna da Illa das Esculturas.
Ademais das novidades deportivas, aínda por confirmar, cando se finalicen todas as competicións organizarase un fin de festa para os participantes na propia Illa das Esculturas na que haberá concertos musicais en directo.
As inscricións para a quinta Gladiator Race de Pontevedra acaban de abrir a través da páxina web www.championchipnorte.com.
Do mesmo xeito que en anos anteriores a carreira de obstáculos volverá contar con tres categorías: Rocket (6 quilómetros e 20 obstáculos), Warrior (11 quilómetros e 30 dificultades) e a opción infantil, a Gladiator Kids.