Derrota esperada do Teucro en Barcelona nun partido de puro trámite (41-26)
Por Redacción
Sen opción á sorpresa. A Sociedad Deportiva Teucro encaixou este martes unha derrota tan clara como agardable na cancha do intratable líder, o Barcelona.
Os azuis, cun ollo posto no derbi do próximo sábado no Municipal ante o Cangas, competiron soamente nos primeiros minutos do partido, tentando gozar dunha pista con moita soleira, pero deixáronse ir despois ante o poderío do conxunto local.
O encontro empezou con moito ritmo e intercambio de golpes entre ambos os dous equipos, sen fallo nos seus primeiros ataques. Así, con Samu Gómez inspirado na finalización desde o pivote, o Teucro chegou a poñerse por diante no marcador en dúas ocasións (2-3 e 3-4) e con ata tres intervencións seguidas de Lloria, 7 metros incluído, aguantou ata o empate a 5 goles, no minuto 10 de xogo.
Con todo desde os extremos o cadro blaugrana non daba tregua. Por aí chegaron os seus oito primeiros tantos da man de Víctor Tomás e Aitor Ariño, empezando a marcar diferenzas en canto baixou a efectividade nas accións ofensivas dos pontevedreses.
Pasado o ecuador do primeiro acto Luís Montes pedía tempo morto (13-7) para tentar que non se lle escapase demasiado o partido, pero o Barcelona empezou a ensinar o seu variado repertorio para chegar ao descanso cun inapelable 22-11.
Xa sen demasiada emoción, o cronómetro foi avanzando na segunda metade, na que os xogadores menos habituais e tamén canteiráns do Barcelona seguiron ao seu ampliando a renda ata o 41-26 final. Tamén repartiu minutos Luís Montes para evitar sobreesforzos, non en balde o sábado espera unha auténtica batalla pola permanencia.
FC BARCELONA (41): Pérez de Vargas, Victor Tomás (5), Sorhaindo (2), Andersson (2, 1p), Aitor Ariño (10), Mem, Pálmarsson -siete inicial- N'Guessan (2), Syprzak (3), Petrus, Dolenec (3, 2p), Gilberto Brito (3), Lamine (5), Álex Pascual (6), Knorr, Kevin Moller.
SD TEUCRO (26): Lloria, Natan Suárez (4), Rial (1), Cutura (5), Fischer (7), Dani Hernández, Sergio Pérez -siete inicial- Samu Gómez (7), Gehrhardt, Juan Quintas (1), Samuel Pereiro, Domingo Luis (1), Santana.
Árbitros: Escoda Pérez e Roland Sánchez. Excluíron a Syprzak no Barcelona e a Gehrhardt e Domingo Luis no Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 5-4, 7-5, 10-6, 16-7, 19-8, 22-11, descanso, 23-13, 29-16, 33-19, 36-21, 40-24, 41-26.
Incidencias: Partido da xornada 13 da Liga Asobal disputado no Palau Blaugrana de Barcelona.
Relacionadas:
-
Natan Suárez abandona o Teucro "por problemas familiares"
Por Diego Espiño |
-
A liga non dá tregua ao Teucro, que visita Benidorm "con ganas de levantarse"
Por Diego Espiño |
-
Desfeita teucrista no derbi ante un gran Cangas (28-34)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Moito en xogo para Teucro e Cangas na "festa do balonmán galego"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro abre o seu proceso electoral á presidencia
Por Diego Espiño |
-
Mal día na oficina para o Teucro ante o Atlético Valladolid (25-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro fortalece o vínculo cos seus patrocinadores
Por Diego Espiño |