Edu Sousa e Adrián Gómez, padriños do primeiro Torneo Cup de Fútbol Base
Por Redacción
As vacacións do Nadal servirán de estrea para un novo torneo de fútbol base na comarca, o Torneo Cup de Cerdedo-Cotobade.
O capitán do Pontevedra Club de Fútbol, Edu Sousa, e o xogador do Rápido de Bouzas Adrián Gómez exerceron de padriños da competición na presentación levada a cabo no Concello coa presenza do presidente municipal, Jorge Cubela, e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela.
O torneo celebrarase na súa primeira edición o sábado 19 de decembro no campo de fútbol das Extremas (9:30 a 19:30 horas), con competición nas categorías benxamín e cadete.
Entre os equipos inscritos, oito en cada idade, figuran o Pontevedra, Lérez, Figueirido, Porriño Industrial, Marcón Atlético, Ponte Caldelas, Salgueiriños, Pabellón Ourense e Atlético Fátima.
Trátase dunha iniciativa que "se vai a consolidar rapidamente no calendario futbolístico galego, xa que nace coa vontade de continuidade e de converterse nun clásico nas festas de Nadal", sinalou Cubela.