O Marcón logra a súa segunda vitoria consecutiva nun vibrante derbi ante o Xuventú Sanxenxo (3-1)
Por Redacción
O Marcón Atlético está nun bo momento, e demostrouno este domingo ante o Xuventú Sanxenxo. Así, o conxunto pontevedrés suma a súa segunda vitoria consecutiva nun importante choque ante un rival directo en O Carrasco.
O encontro comezou reamente igualado. O primeiro gol non chegaría ata o minuto 39 e dáballe a vitoria provisional aos visitantes, que con este partido abandoraron unha boa serie de resultados. O tanto foi anotado por Álex Barbeito. E sería o último dos do Sanxenxo, xa que a partir de aí o partido estivo enteiramente dominado polos locais. Estes igualaron o derbi a un minuto do termo da primeira parte cun gol de Jayo.
Arturo foi quen conseguiu poñer ao equipo por diante no marcador no minuto 5 da segunda parte. Con todo, no minuto 80, o Marcón tivo que xogar cun home menos no campo, algo que o Sanxenxo non aproveitou para volver equilibrar o resultado.
Aínda así, os locais sumaron un gol máis grazas a unha acción de Jesu no último minuto, ao beneficiarse da expulsión doutro xogador no minuto 90, esta vez dos visitantes. Así, o duelo terminou cun merecido 3-1 para os do Marcón.
Consulta a acta do Marcón Atlético- Xuventú Sanxenxo.
O Beluso logrou, esta fin de semana, avanzar unha posición na táboa e colocarse segundo ao sumar a súa terceira vitoria consecutiva. Nesta ocasión, foi nun derbi dominado enteiramente polos locais ante o Villalonga, que despois da última xornada continúa na parte baixa da clasificación con 12 puntos.
Os tres goles dos bueuses non chegaron ata a segunda parte. O primeiro foi resultado dunha acción individual de Richi a escasos segundos do asubío inicial (46'). Coa vantaxe no marcador, os locais recibiron un pequeno impulso que os axudou a seguir anotando. Así, Manu Reiriz marcou o 2-0 catro minutos despois do gol anterior. Pero a cousa non quedou aí, xa que Richi volveu facer das súas, e no 56' logrou o definitivo 3-0 que lles outorgaría a vitoria na décimotercera xornada.
Consulta a acta do Beluso- Villalonga.
Pola súa banda, o Moaña tamén foi vencedor nun choque importante para definir a parte media da clasificación. Nesta ocasión, foi ante o SD Amanecer, que leva sete xornadas sen coñecer a vitoria (seis empates e a derrota desta fin de semana).
O duelo foi dominado polos do Moaña, que plantaron cara aos locais desde o minuto 1. Tanto foi así que o primeiro tanto foi anotado aos catro minutos do comezo da primeira metade. Foi Darío quen estreou o marcador visitante co 0-1. O 0-2 non chegaría ata o 33', cando o mesmo home conseguiría acertar na portería de Jorge nun penalti. Finalmente, Andrés marcou o 0-3 definitivo no 67' de partido.
Consulta a acta do SD Amanecer-CD Moaña.
Así mesmo, o Juventud Cambados, como era de esperar, gañou ante o USD O Grove, que despois desta fin de semana, continúa ocupando o penúltimo posto da clasificación, só por diante do Antela FC.
O partido foi liderado polo conxunto local, que cometeu un erro xusto antes do termo da primeira metade, e é que o único gol dos visitantes foi encaixado en propia porta por Noly. Así, os do Grove puxéronse por diante antes do descanso. Algo ao que Grego púxolle solución, xa que igualou o marcador no 45' (1-1).
Tras o paso polos vestiarios, o Cambados impúxose definitivamente aos seus rivais. Ramón anotou o 2-1 no 71' e, finalmente, Saúl outorgou a vitoria definitiva os locais co 3-1.
Relacionadas:
-
O Marcón salva un punto 'in extremis' e arranca un empate ante o Unión O Grove (1-1)
Por Redacción |
-
O Marcón cae por goleada ante o CD Moaña (4-0)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Despois de tres xornadas sen coñecer a vitoria, o Marcón imponse ao Villalonga (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Marcón perde por goleada ante o Juvenil (7-1)
Por Redacción |