Agustín Fernández: "El presidente de la Federación Española de Balonmano no tiene palabra, actúa a capricho"
Por Diego Espiño
O Concello de Pontevedra non se quedará de brazos cruzados ante o cambio de sede do España-Suiza de balonmano previsto para o próximo 16 de xuño en Pontevedra, e que finalmente disputarase en León obviando o acordo subscrito coa cidade de Lérez.
Logo da carta remitida polo presidente da Federación Española de Balonmano, Francisco Blázquez, ao concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, xustificando a súa decisión, Fernández contestou este martes a Blázquez como mostra do "malestar y disgusto de la ciudad".
O concelleiro, que na misiva acusa ao presidente federativo de actuar con "oscurantismo y sectarismo", defende que a designación de Pontevedra era oficial, como se desprenden das verbas do propio Blázquez e que Fernández usa na súa resposta oficial, "dices que para variar la sede de celebración tuviste que solicitar la autorización a EHF y a la Selección Suiza, prueba más que palpable, de tu puño y letra, de que la sede era Pontevedra".
Ante o prexuízo económico que, entenden desde o Concello, causouse, o responsable municipal de Deportes asegurou que se comunicarán coa Federación Europea (EHF) e que tamén estudan remitir un escrito á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), "es necesario que todos los concejales de deportes de España sepan con lo que se enfrentan si contratan con la Federación, es un presidente que no tiene palabra y que actúa por capricho".
O SELECCIONADOR NACIONAL ESCÿSASE ANTE PONTEVEDRA
"Dicen que es para ayudar al Ademar pero al Teucro lo deja en una situación muy difícil de cara al futuro"
Agustín Fernández confirmou que o propio seleccionador nacional, Manolo Cadenas, chamoulle para escusarse polo cambio de sede, "me llamó para decir que no tenía nada que ver y que se sentía muy incómodo con esta situación. Yo creo a Cadenas, pero debe saber con quien corta el bacalao porque la carta del presidente también lo involucra a él".
Para rematar Fernández mostrouse especialmente doído polo dano que esta decisión pode provocar na Sociedad Deportiva Teucro, entidade que ía percibir a taquilla do encontro e o 30% da publicidade, segundo pactouse, ademais de poder acceder a varias subvencións, "dicen que es para ayudar al Ademar pero al Teucro lo deja en una situación muy difícil de cara al futuro".
O club azul esperaba recaudar entre todos os conceptos relacionados co partido entre 35.000 e 40.000 euros, uns ingresos que xa incluíra nos documentos remitidos a Hacienda, con quen se negocia nestes momentos un adiamento da débeda.
Relacionadas:
-
Un amigable de nivel ou o próximo partido oficial, compromiso de Blázquez para que España xogue en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Meaño e Pontevedra acollen este fin de semana senllos partidos da Selección Galega de balonmán contra Israel
Por Diego Espiño |
-
Consúmase a 'traizón' a Pontevedra: A Federación de Balonmán vende a León o España-Suiza
Por Alejandro Espiño |
-
Con nocturnidade e aleivosía Blázquez deixa a Pontevedra sen o España-Suíza de balonmán para darllo a León
Por Ramiro Espiño |