Estrea de altura para o Peixe Galego no seu retorno á Liga LEB Prata
Por Redacción
"Con ganas de empezar". Así asegura Javi Llorente que se atopa o Peixe Galego ante a inminente estrea da tempada no seu regreso á Liga LEB Prata.
Para empezar os de Marín visitan o domingo (12:00 horas) "una pista muy difícil, en la que muy pocos equipos van a ganar, si es que gana alguno", recoñeceu o técnico sobre a cancha do CB Clavijo rioxano, "uno de los tres candidatos al ascenso" tras descender a pasada campaña desde LEB Oro.
O Peixe chega á cita despois dunha "pretemporada complicada", polos problemas burocráticos que impediron polo momento a incorporación do pívot xamaicano Vashil Fernández e tamén polas lesións de varios xogadores.
Esta situación provocou "poca preparación 5x5" nos adestramentos, explica Llorente.
Con todo non se engurra o cadro marinense, que cre que "no es un mal momento" para visitar un rival con tanto potencial, polo que viaxa co obxectivo de conseguir a súa primeira vitoria do curso.