O Tenis de Mesa Monte Porreiro afronta "con moitas ganas" o seu histórico debut na máxima categoría
Por Diego Espiño
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario o vindeiro domingo 30 de setembro dun momento histórico, o debut do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina, a máxima categoría a nivel nacional.
O conxunto pontevedrés recibirá na casa ao San Sebastián de los Reyes madrileño a partir das 11:00 horas da mañá, unha cita á que chegan "con moitas ganas", recoñeceu Nacho Fernández.
O canteirán será un dos tres xogadores que buscará sumar os primeiros puntos na elite para o Monte Porreiro, xunto aos arxentinos Nico Galvano e Horacio Cifuentes.
"Nós sabemos que imos ter que loitar para manternos", sinala Fernández, pero iso non resta nadiña de nada de ilusión e de ambición por tentar ir sumando puntos "partido a partido" para achegarse ao obxectivo, empezando por un rival como o San Sebastián de los Reyes que "é un equipo con moita historia na Superdivisión".
A liga tamén dará comezo para o equipo feminino de División de Honra, que tentará repetir presenza como a pasada campaña na fase de ascenso, aínda que no seu caso o debut producirase a domicilio ante o AD Vincios.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro debuta na Superdivisión Masculina cun empate
Por Sofía Lorenzo |
-
A tempada do Tenis de Mesa Monte Porreiro, en marcha co seu Torneo Internacional
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro apostará polo mesmo equipo para competir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
Histórico ascenso do Monte Porreiro á Superdivisión Masculina de tenis de mesa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |