A tempada do Tenis de Mesa Monte Porreiro, en marcha co seu Torneo Internacional
Por Redacción & Diego Torrado
A XX edición do Torneo Internacional organizado polo Tenis de Mesa Monte Porreiro serviu como unha pedra de toque pensando no comezo da competición oficial nunha tempada histórica para o club pontevedrés, coa súa estrea na máxima categoría masculina.
Máis de 200 deportistas déronse cita durante a fin de semana no pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe para tomar parte nun torneo que, aínda que non oficial, si supón o inicio do curso a nivel autonómico, coa presenza da maior parte dos clubs galegos.
No pavillón pontevedrés instaláronse ata 18 mesas nas que se disputaron os partidos das diferentes categorías durante dúas intensas xornadas.
Durante o sábado entraron en acción as diferentes categorías inferiores, mentres que o domingo saltaron á pista os e as deportistas sénior.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro afronta "con moitas ganas" o seu histórico debut na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
O Internacional de Tenis de Mesa cumpre 20 anos consolidado como "o mellor torneo de Galicia"
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, a pleno rendemento e mirando cara ao seu Torneo Internacional
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro apostará polo mesmo equipo para competir na máxima categoría
Por Diego Espiño |