"Habrá cambios" no Pontevedra para medirse ao Internacional de Madrid
Por Diego Espiño
A Madrid viaxa esta fin de semana o Pontevedra, concretamente a Boadilla del Monte, na busca do seu primeiro triunfo a domicilio da tempada este domingo (12:00 horas) ante o Internacional de Madrid.
Trátase dun duelo inédito ante un equipo que por primeira vez xoga na Segunda División B, pero que "no tiene nada que envidiar a otras plantillas de la categoría", asegura Luismi.
É máis, "no ha perdido todavía un partido de liga y eso es que lo están haciendo bien", defende o técnico sobre o seu próximo rival, oitavo na táboa con 6 puntos tras sumar unha vitoria e tres empates ata o momento.
Luismi confirmou que "va a haber cambios" no equipo con respecto ao da última xornada de liga, na que apostou por un esquema con tres centrais. "No sé si en el sistema pero va a haber cambios", reiterou na previa ante os medios de comunicación.
No relativo á enfermería, Nacho Lorenzo é o único futbolista que perde a cita por lesión, aínda que evolucionou favorablemente da súa doenza e espérase que o vindeiro luns se poida reincorporar ao traballo de grupo co resto dos seus compañeiros.
O colexiado encargado de arbitrar o encontro será o andaluz Antonio Santos Pargaña.
Relacionadas:
-
Duro e esaxerado correctivo do Inter de Madrid a un Pontevedra sen capacidade de reacción (3-0)
Por Redacción |
-
Luismi queda coa capacidade de reacción
Por Diego Espiño |
-
O Internacional de Madrid, un debutante que empezou con forza na Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Un impreciso Pontevedra salva os mobles de penalti ante o Valladolid B (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |