As Deporte Escolas da Deputación abren o seu período de inscrición
Por Redacción
Co inicio da semana a Deputación de Pontevedra abriu a inscrición para unha nova edición das 'Deporte Escolas'.
O prazo de anotación para participar neste programa de formación deportiva permanecerá aberto ata o día 28 de setembro na páxina web da administración provincial (www.depo.gal).
Para este curso ofertaranse de maneira gratuíta prazas para practicar balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha atlética, piragüismo e baloncesto.
Ata 51 municipios da provincia contarán con algunha escola deportiva, en colaboración coas diferentes federacións. Na comarca os concellos beneficiados serán: A Illa de Arousa, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición a relación das persoas admitidas publicarase na web da Deputación.