Un partido separa ao Waterpolo Galaico do seu primeiro título na 1ª División Galega
Por Redacción
Coa final igualada (1-1) logo dos dous primeiros partidos, o encontro do próximo sábado (19:00 horas) na piscina compostelana de Santa Isabel entre CW Santiago e Waterpolo Galaico decidirá o campión da Primeira División Galega.
O equipo pontevedrés, logo de quedarse ás portas do título nas tres últimas tempadas, aspira a conseguir o seu primeiro título na categoría ante un equipo que coñece á perfección logo de haberse enfrontado ata en oito ocasiones no presente curso entre liga, supercopa e Campionato de España de 3ª División.
Os resultados dos dous primeiros partidos da final reflicten a igualdade entre ambas escuadras. No primeiro encontro impúxose o Galaico por 14-12, empatando a serie os santiagueses no segundo choque (9-7).
Do mesmo xeito que no anterior partido, o clube organiza un autobús para que os seus afeccionados poidan viaxar co equipo. Os interesados deberán reservar praza mediante correo electrónico (waterpolo@cngalaico.com). A expedición partirá ás 16:45 horas desde a estación de autobuses de Pontevedra cun custo de 5 euros ou 10 incluíndo unha camiseta do Waterpolo Galaico.