A Copa Galicia, primeiro test da recentemente estreada pretempada do Peixe Galego
Por Redacción
O mes de setembro trouxo consigo o inicio dos adestramentos para o Peixe Galego, na tempada do seu regreso á Liga LEB Prata.
O primeiro plantel do club marinense xa traballa na Raña ás ordes de Javi Llorente cos seus primeiros compromisos asomando no horizonte, xa que sen apenas sesións de preparación o cadro peixe acollerá a fase inicial da Copa Galicia.
A Raña será escenario durante a próxima fin de semana da primeira fase da competición autonómica coa presenza dos dous conxuntos galegos de LEB Ouro, o COB Ourense e o Basquet Coruña.
A competición comezará o venres 7 co duelo entre COB e Coruña, continuará o sábado co Peixe-COB e finalizará o domingo co Peixe-Coruña, cun prezo de entrada de 2 euros por partido ou de 4 euros o abono para os tres choques. Os dous primeiros equipos ao final da fin de semana clasificaranse para as semifinais da Copa Galicia nas que entrarán en xogo os dous equipos de ACB, Obradoiro e Breogán.
En canto ao Peixe Galego, iniciou a pretempada cun plantel composto por Jordan Gregory, Taiwo Badmus, Antonio Pantín, Vashil Fernández, Santi Lorenzo, Juanchi Orellano, Jorge Romero, Pablo González, Víctor Holmberg, Jacobo de Benito e Gerard Sevillano, sen descartar que se poida pechar algunha incorporación máis nas próximas semanas.
Relacionadas:
-
Boa imaxe do Peixe Galego na Copa Galicia
Por Redacción |
-
O escolta Jordan Gregory xogará no Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego recorre ao baloncesto universitario estadounidense e ficha o aleiro Taiwo Badmus
Por Redacción |
-
O xogo interior do Peixe Galego suma unha nova peza
Por Redacción |
-
O Marín Peixegalego refórzase co pivote internacional jamaicano Vashil Fernández
Por Redacción |