O Marín Peixegalego refórzase co pivote internacional jamaicano Vashil Fernández
Por Redacción
O pívot jamaicano Vashil Fernández (Kingston, 16/01/92) reforzará a pintura do Marín Peixegalego no seu proxecto de LEB Prata. Pívot de 2,08 metros unha envergadura de 2,30, atlético e de perfil defensivo, achegará potencia ao xogo interior dos de Javi Llorente, que coa súa fichaxe gañan especialmente nos aspectos defensivos, nos que Fernández achegará sobre todo centímetros, intimidación e rebote.
Aínda que empezou tardiamente a xogar ao baloncesto, Vashil Fernández formouse na prestixiosa Universidade de Valparaiso, xogando catro anos cos Crusaders, cos que promediou 4.7 puntos, 5.1 rebotes e 2,2 tapóns. Conseguiu ser designado en dúas ocasións Defensor do Ano da Horizon League, ademais de conquistar en 2016 o premio Lefty Driesell ao mellor xogador defensivo da NCAA, tras bater o récord da conferencia en tapóns, con 119.
Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2016, ese cartón de presentación chamou a atención dun equipo NBA como Miami Heat, aínda que foi descartado tras disputar dous amigables de pretemporada, para irse aos Sioux Falls Skyforce como xogador afiliado dos Heat, desde onde foi traspasado aos Greensboro Swarm, equipo vinculado aos Charlotte Hornets. Logo iríase a Romanía, antes de fichar por Levitec Huesca, equipo no que militou a tempada pasada, en LEB Ouro.
Vashil Fernández é internacional coa selección de Jamaica, coa que participou no Centrobasket 2014.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia, primeiro test da recentemente estreada pretempada do Peixe Galego
Por Redacción |
-
O escolta Jordan Gregory xogará no Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego recorre ao baloncesto universitario estadounidense e ficha o aleiro Taiwo Badmus
Por Redacción |
-
O xogo interior do Peixe Galego suma unha nova peza
Por Redacción |
-
Antonio Pantín, máis madeira para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Cuco Rodríguez, experiencia ACB para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego pide aos seus afeccionados que 'non fagan o sueco' na súa nova campaña de abonados
Por Redacción |