O escolta Jordan Gregory xogará no Peixe Galego
Por Redacción
O plantel de Peixe Galego segue tomando forma nunha tempada na que parte co obxectivo de lograr canto menos a permanencia na Liga LEB Prata.
O club marinense confirmou este martes a incorporación do estadounidense Jordan Gregory, escolta procedente do Landstede Basketbal da liga holandesa.
Con Gregory son xa 12 os xogadores cos que conta Javi Llorente para o proxecto 'peixe'.
O xogador americano chega a Marín despois de alcanzar de media o último curso en Holanda 15,4 puntos, 4 rebotes e 2,4 asistencias por partido.
O escolta únese a un plantel que compoñen ata a data: Taiwo Badmus, Antonio Pantín, Vashil Fernández, Santi Lorenzo, Juanchi Orellano, Jorge Romero, Pablo González, Víctor Holmberg, Jacobo de Benito e Gerard Sevillano.
Relacionadas:
-
Boa imaxe do Peixe Galego na Copa Galicia
Por Redacción |
-
A Copa Galicia, primeiro test da recentemente estreada pretempada do Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego recorre ao baloncesto universitario estadounidense e ficha o aleiro Taiwo Badmus
Por Redacción |
-
O xogo interior do Peixe Galego suma unha nova peza
Por Redacción |
-
O Marín Peixegalego refórzase co pivote internacional jamaicano Vashil Fernández
Por Redacción |