Pendentes do estado físico de Adrián León e Nacho Lorenzo
Por Redacción
A emocionante vitoria sobre a bucina do Pontevedra ante a Cultural Leonesa deixou madeixa no plantel granate en forma de lesións.
Foi un encontro en grao sumo accidentado, que comezou co susto de Edu Sousa ao reclamar atención médica por molestias nunha perna, e continuou con ata dous cambios por lesión ao longo dos 90 minutos.
O primeiro en resentirse foi Adrián León debido a problemas musculares na zona isquiotibial da súa perna esquerda. O central foi substituído por Nacho Lorenzo, e precisamente o lateral tivo que pedir o cambio na segunda metade despois de recibir un preocupante golpe no xeonllo.
Tras a primeira sesión semanal, na que non participaron xunto aos seus compañeiros, tanto Adrián como Nacho están pendentes do resultado de senllas probas médicas que determinen o alcance exacto das súas respectivas doenzas e o período estimado para a súa volta aos terreos de xogo.
Todo un problema para Luismi na liña defensiva, na que previsiblemente recuperará a Campillo, que xunto a Pedro Vázquez caeu da convocatoria o domingo debido a un proceso vírico.
Tamén Pibe continúa a menor ritmo que os seus compañeiros recuperándose da escordadura de nocello que sufriu durante a pretempada.
O primeiro plantel do Pontevedra goza este martes de xornada de descanso e retomará o mércores os adestramentos para preparar o choque do próximo sábado 8 de setembro no campo do Navalcarnero.
Relacionadas:
-
Cos 18 dispoñibles a Navalcarnero na busca da primeira vitoria a domicilio
Por Diego Espiño |
-
O Navalcarnero cae en Copa do Rei antes de medirse ao Pontevedra
Por Redacción |
-
As baixas na defensa, unha oportunidade "para otros futbolistas que van a tener que dar un paso al frente"
Por Diego Espiño |
-
Álex González fai estalar Pasarón no desconto para derrotar á Cultural Leonesa (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Deslucida presentación da nova camiseta do Pontevedra
Por Diego Espiño |