O Froiz, a consolidar o seu liderado no ránking nacional na Volta a Cantabria
Por Redacción
A tempada ciclista encara a súa recta final e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz quere manter o liderado no ranking nacional ao que conseguiu regresar este ano.
Para iso, unha boa oportunidade de reivindicarse será a Volta a Cantabria que se disputa a próxima fin de semana.
A rolda cántabra contará con tres etapas e unha importante participación, na que se inclúen escuadras internacionais como o La Pomme Marseille francés, o Myselan Spie belga e a selección xaponesa.
A carreira comezará o domingo 2 de setembro cunha cronoescalada ao alto da Atalaia. A segunda xornada pola súa banda constará de 148 quilómetros de percorrido con saída e chegada en Viaño e unha importante dificultade montañosa a só 4 quilómetros de meta, e a terceira etapa disputarase entre Murieda e Maliaño cun perfil máis chairo.
Por parte do Froiz competirán en Cantabria: Martín Lestido, Miguel Gómez, Iván Martínez, Diego Noriega, Sergio Vega, Miguel Montero e Óscar Brea.