Oitavo posto mundialista para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo
Por Redacción
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo seguen a dar pasos firmes na súa progresión internacional e este venres lograron entrar en toda unha final mundialista, no Campionato do Mundo Sprint de Piragüismo que se está celebrando en Montemor o Velho, Portugal.
A parella do Piragüismo Poio Pescamar non puido con todo pelexar polo podio e finalizou no oitavo posto do C-2 1.000 metros cun tempo de 3:46.042.
Vallejo e Sieiro foron terceiros o xoves na súa eliminatoria, o que lles obrigou a remar na semifinal de primeira hora da mañá. Aí lograron o segundo mellor tempo da súa quenda para coarse entre os nove mellores.
Ese esforzo pasoulle factura nunha final na que comezaron con forza pelexando no primeiro tramo pola medallas. Chegaron a pasar o ecuador da proba en cuarto lugar e preto do podio, pero a carreira fíxoselles larga caendo ata a oitava posición final. Os gañadores foron os alemáns Yul Oeltze e Peter Kretschmer (3:38.207).
En canto ao resto de resultados ata o momento, Antía Jácome (Ciudad de Pontevedra) debutou nun Mundial sénior conseguindo a sétima praza que lle dá dereito a participar este sábado nas semifinais de C-1 200 metros. Pola súa banda a súa compañeira de equipo Carolina García terminou a súa participación mundialista ao ser sétima na semifinal do K-2 200 metros xunto á balear Aida Bauza, quedando a 710 milésimas da parella de Arxentina que remou máis resgardada do vento que sopraba nese momento.
Tamén pasaron a semifinais Natalia García (Breogán) xunto á catalá Laia Pelachs no K-2 500 metros, logrando a última praza dispoñible, e Noel Domínguez (Breogán) dentro do C-4 500 metros.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo quedan sen podio no Mundial de piragüismo... por 43 milésimas!
Por Redacción |
-
A armada pontevedresa, ao asalto do Mundial de piragüismo en Portugal
Por Redacción |
-
Antía Jácome, María Pérez e Natalia García estarán no Mundial de piragüismo de Portugal
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro vese "bien encaminado" cara aos Xogos Olímpicos de 2020
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo colgan o bronce no Europeo de Belgrado
Por Redacción |