Paula e Paloma González, dúas regatistas bañadas en ouro mundial
Por Redacción
Poio pode presumir de contar entre os seus veciños e veciñas de todas unhas campioas do Mundo.
As irmás Paula e Paloma González, regatistas que compiten polo RCN Vigo, veñen de proclamarse campioas mundiais da Clase Vaurien de vela lixeira no campionato celebrado na cidade Alemá de Travemünder.
Hai un ano tiveron que conformase coa medalla de prata, pero nesta ocasión superaron ás holandesas Yntema e Neijman para levar o ansiado ouro na categoría feminina e ademais o bronce no Mundial júnior.
A súa foi unha competición regular, que lles permitiu chegar á última xornada cunha vantaxe de 4 puntos que lograron manter nas dúas regatas finais.
Tras as irmás González e as súas rivais polo título, completou o podio outra tripulación holandesa, a composta por Spek e Burgers.
Relacionadas:
-
O Campionato de España de Vaurien deixa bo sabor de boca en Raxó
Por Redacción |
-
Raxó será sede do Campionato de España de Vela na Clase Vaurien
Por Redacción |
-
Marta Míguez presenta en San Vicente a "Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época"
Por Redacción |
-
Paloma e Paula González non se poñen teito na vela lixeira
Por Redacción |