Paloma e Paula González non se poñen teito na vela lixeira
Por Redacción
O seu recente éxito no Campionato do Mundo de Vela Lixeira disputado en Alemania, onde conseguiron o ouro na Clase Vaurien en categoría feminina e o bronce no Mundial Júnior, motivou este venres unha recepción oficial na Deputación de Pontevedra.
Paloma González recibiu as felicitacións da presidenta provincial, Carmela Silva, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, en nome tamén da súa irmá Paula, ausente.
Ambas as irmás, naturais de Poio, non poñen teito e a pesar do seu recente éxito xa pensan en seguir progresando a nivel internacional.
"El año que viene intentaremos estar entre los tres mejores absolutos y hacernos con el juvenil también", explicou Paloma tras a recepción pensando na que será a próxima tempada, na que repetirán na Clase Vaurien.