260 corredores competiron na carreira de Santiaguiño do Burgo
Por Diego Torrado
A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Servizo Municipal de Deportes e coa colaboración técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizaron este mércores a Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2018.
O primeiro corredor masculino en entrar en meta foi Manuel Lorenzo López cun tempo de 20.35 minutos, segundo cronometrou a emrpesa Championchip Norte. A primeira atleta feminina foi María Ángeles Castro Rosales cun tempo de 25:12 minutos.
Nesta edición número 24 participaron 260 corredores na categoría absoluta que percorreron a toda velocidade os seis quilómetros e medio dun circuíto trazado polos arredores do río Lérez e a Xunqueira dá Alba.
A carreira estivo dedicada ao párroco do Burgo Luís Alcántara, falecido hai uns meses.