O piragüismo pontevedrés mira cara a Hungría
Por Redacción
A primeira gran competición internacional da tempada de piragüismo contará desde o venres 18 de maio con representación pontevedresa, a pesar da renuncia de varios padexeiros clasificados.
Será na Copa do Mundo Sprint que se disputa na canle olímpica de Szeged (Hungría), e que contará coa participación de deportistas de 60 países.
Entre eles atópase por exemplo Carolina García (EP Ciudad de Pontevedra), que formará parella no K-2 500 con Bárbara Pardo e tomará parte no K-4 500 no que tamén formarán Estefanía Fernández e Aida Bauza.
Diego Romero (Breogán) participará en dúas distancias de canoa individual, os 1.000 e os 5.000 metros. Pola súa banda o seu compañeiro de club Noel Domínguez estará presente no C-2 1.000 metros con Gonzalo Fijó e en C-1 5.000 metros.
A Copa do Mundo servirá de posta a punto para o Campionato de Europa Absoluto que se disputará en Belgrado, Serbia, a partir do 8 de xuño.