Portas abertas en Preferencia e promocións no resto de bancadas para a 'final' ante o Adarve
Por Redacción
É unha final, e por iso o Pontevedra Club de Fútbol quere que o Estadio Municipal de Pasarón rexistre a mellor entrada da tempada o vindeiro domingo 6 de maio (18:00 horas) ante o Unión Adarve, nun encontro no que poñerá en xogo boa parte das súas opcións de permanencia na Segunda División B.
O club anunciou unha serie de medidas para incentivar a asistencia ao estadio, entre as que destacan a decisión de abrir portas na bancada de Preferencia. A entrada para esta zona de Pasarón, a de maior capacidade, será de balde ata completar aforamento, sen ser necesario retirar previamente unha invitación.
En canto ao resto de bancadas, o prezo para os fondos mantense con respecto ás últimas citas ligueiras con entradas a 5 euros, mentres que Tribuna custará 10 euros.
Ademais nesta bancada, a de Tribuna, cada socio poderá retirar dúas entradas a prezo reducido de 5 euros, neste caso só ata as 19:00 horas do venres.
Completando estas medidas, e coincidindo co Día da Nai, todos os abonados poderán convidar á súa presentando o DNI de ambos nas portas de acceso.
Relacionadas:
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A permanencia do Pontevedra na Segunda B ponse en xogo en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa pasa de posibles primas: "No creo que cualquier regalo valga más que conseguir la permanencia"
Por Diego Espiño |
-
Luismi pide axuda á afección: "Contamos con ellos, más que nunca les necesitamos"
Por Diego Espiño |
-
Dúas xornadas nas que todo pode pasar
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica Segoviana saca as vergoñas e complica de novo a un mal Pontevedra (3-0)
Por Redacción |