Luismi pide axuda á afección: "Contamos con ellos, más que nunca les necesitamos"
Por Diego Espiño
O plantel e o corpo técnico do Pontevedra teñen a sensación de que se atopan ante un dos partidos máis importantes dos últimos anos, polo que esperan a implicación da afección para achegarse á permanencia na Segunda División B.
Así o verbaliza Luismi, pedindo un esforzo aos seguidores de fronte ao encontro do domingo (18:00 horas) ante o Unión Adarve en Pasarón.
"Les necesitamos, Pasarón tiene que ser consciente, y la gente y el aficionado del Pontevedra, que es una final", recoñece o preparador granate.
"Les pediría que sean conscientes de que nos jugamos el todo por el todo. Contamos con ellos, más que nunca los necesitamos", sinalou en rolda de prensa tras o adestramento deste mércores na Xunqueira.
A ENFERMERÍA SEGUE SEN BALEIRARSE
Tras a xornada de descanso do martes uno dos puntos de atención na sesión preparatoria era comprobar en que estado se atopaban os futbolistas que se perderon a última cita ligueira en Segovia por lesión.
De todos eles Darío Flores, que se recupera dunha microrrotura de fibras, foi o que máis se mostrou sobre o céspede, participando na primeira parte do traballo xunto aos seus compañeiros pero sen forzar a máquina. Despois retirouse, polo que se mantén como dubida en función da evolución que mostra nos próximos días. "Está mejor pero a golpe de miércoles no queríamos forzar mucho más", recoñeceu Luismi.
Peor marchan Prosi e Anxo. O centrocampista foi sometido a unha resonancia magnética para coñecer o alcance exacto da doenza que arrastra desde hai unhas semanas, sendo case imposible a súa participación no último partido en casa da liga regular. Pola súa banda o gardameta segue á marxe unha semana despois de facerse dano na zona lumbar nun adestramento.
A estas baixas únense as ausencias seguras por sanción de Álex González e de Nacho López, que volverán estar dispoñibles para a última xornada do campionato.
Relacionadas:
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A permanencia do Pontevedra na Segunda B ponse en xogo en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa pasa de posibles primas: "No creo que cualquier regalo valga más que conseguir la permanencia"
Por Diego Espiño |
-
Portas abertas en Preferencia e promocións no resto de bancadas para a 'final' ante o Adarve
Por Redacción |
-
Dúas xornadas nas que todo pode pasar
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica Segoviana saca as vergoñas e complica de novo a un mal Pontevedra (3-0)
Por Redacción |