Unha fin de semana cargada de atletismo no CGTD
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra concentrará gran parte da actividade atlética da fin de semana a nivel autonómico coa disputa de varias competicións.
A principal será o IV Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas, que se celebrará conxuntamente co XIV Campionato de Galicia Máster da mesma modalidade os días 7 e 8 de abril, sábado (desde as 16:30 horas) e domingo (desde as 9:50 horas).
Nesta competición a Sociedad Gimnástica estará ben representada con cinco atletas na categoría sub-18 masculina, encabezados por Pablo Tojal co obxectivo de superar os seus 4.294 puntos de marca da pasada tempada e acompañado por Yago Boleas , Hugo Silvares, Marcos Villaverde e Roi Surribas. Pola súa banda o equipo feminino tomará parte no héptatlon con Marina Porteiro (sub-23) e as sub-18 Clara Rivas e Andrea Villaverde.
O CGTD acollerá ademais outras dúas probas atléticas, comezando o sábado 7 de abril coa primeira xornada de Atletismo Xogade en Pista para a categoría infantil (10:00 horas) e seguindo o domingo 8 de abril co II Trofeo Escola de Marcha Atlética Deputación de Pontevedra (10:30 horas).
Os atletas da Gimnástica participantes nesta proba serán Carlos Morales e Eva Sande na categoría absoluta 5 quilómetros marcha, Noa García en 3 quilómetros marcha ( sub-16) e o benxamín Anxo Jamardo en 1 quilómetro marcha.
Relacionadas:
-
Hugo García Souto, campión de España sub-16 de 3.000 metros en pista cuberta
Por Redacción |
-
Un posto de finalista, tres mellores marcas e unha mínima nacional, balance da Gimnástica en Antequera
Por Redacción |
-
Quince medallas, colleita da Gimnástica nos campionatos galegos sub-18 e sub-20
Por Redacción |