Hugo García Souto, campión de España sub-16 de 3.000 metros en pista cuberta
Por Redacción
Incuestionable. Así foi o triunfo de Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, no campionato de España sub16 que se celebrou este fin de semana na localidade catalá de Sabadell.
O mozo, que partía coa mellor marca de todos os participantes na proba de 3.000 metros, rebaixou a súa propia marca persoal e con 9.00:56 proclamouse campión de España da súa categoría.
Liderou a carreira en todos os puntos intermedios, fixados en cada quilómetro. Foi cinco segundos máis rápido que o segundo clasificado, Andrés Palma (Cueva de Nerja- UMA).
Con este triunfo, Hugo García Souto culminou unha excepcional tempada de inverno, onde entre outros logros, foi subcampión de España de cros e campión galego dos 3.000 metros.
Ademais, foi convocado pola Federación Española de Atletismo para a concentración de fondo que se celebrará en Semana Santa.
Relacionadas:
-
Honras municipais para o atleta Hugo García Souto e o Leis Pontevedra
Por Redacción |
-
Hugo García Souto, subcampión de España sub16 nos 3.000 metros
Por Redacción |
-
A tempada de atletismo ao aire libre ponse seria
Por Redacción |
-
Unha fin de semana cargada de atletismo no CGTD
Por Redacción |
-
O ximnástico Hugo García Souto, subcampión nacional campo a través en idade sub-16
Por Redacción |