Honras municipais para o atleta Hugo García Souto e o Leis Pontevedra
Por Redacción
Dobre recepción municipal no ámbito deportivo. O alcalde de Pontevedra recibiu este xoves ao atleta Hugo García Souto e ao club Leis Pontevedra de fútbol sala para transmitirlle os parabéns do goberno polos seus recentes éxitos deportivos.
No caso de Hugo García Souto, integrante da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, nos últimos meses logrou ser subcampión de España dos 3.000 metros lisos na categoría sub-16 e campión de España de 3.000 metros en pista cuberta.
O Leis, pola súa banda, foi recentemente nomeado club referente no fútbol sala base de Galicia pola Federación Galega de Fútbol.
Todos eles recibiron uns agasallos institucionais polos seus éxitos deportivos.
Miguel Anxo Fernández Lores instounos a seguir mantendo o nivel e o bo facer nas seguintes etapas deportivas da súa vida. Pero dadas as súas idades, tamén os advertiu de non descoidar os estudos e a súa formación, tendo o deporte como válvula de escape e esparexemento.