Triunfo fundamental do Leis en Langreo para crer na permanencia
Por Redacción
Non podía fallar o Leis Pontevedra na súa viaxe a Langreo se non quería ver comprometida a súa continuidade na Segunda División B masculina de fútbol sala, e non o fixo nun encontro emocionante na cancha do Santiago de Sama (2-3).
Foi un partido de alternativas, no que os pontevedreses se adiantaron no marcador nos últimos minutos da primeira metade por medio de Barcala, aínda que a alegría durou pouco porque antes do descanso empatou o cadro local.
Tras o intermedio incrementouse o ritmo de xogo e aos seis minutos os asturianos conseguían remontar, vantaxe que en menos dun minuto neutralizaban os de Manu Cossío grazas a un gol de Sergio. O choque podía ser para calquera dos dous e caeu ao lado do Leis tras a expulsión do porteiro local, Borja. Os pontevedreses aproveitaron a superiodidad conseguindo o 2-3 definitivo, obra de Barcala.
Coa vitoria o Leis ascende con 13 puntos superando o Ventorrillo (12 puntos), e con 3 de vantaxe sobre o último clasificado, o Unión Arrollo.
A nota negativa do choque foi o duro golpe sufrido polo gardameta do Leis, Rubén, que lle supuxo a rotura dos ósos do nariz e recibir 11 puntos de sutura.
PRIMEIRA DERROTA DO EQUIPO FEMININO
O equipo feminino do Leis que milita na primeira categoría autonómica perdeu esta fin de semana a súa imbatilidade en liga ao caer por 4 goles a 2 ante o filial do Ourense Envialia, o seu máximo rival na loita por regresar á Segunda División Nacional.
A pesar da derrota as pontevedresas mantéñense en primeira posición con 43 puntos, con 2 de vantaxe sobre o propio Ourense Envialia B.