O Waterpolo Pontevedra encaixa en Santiago a súa primeira derrota da tempada
Por Redacción
Primeira derrota da tempada para o Club Waterpolo Pontevedra na Liga Galega de Primeira División.
O equipo pontevedrés viuse superado na piscina compostelá de Santa Isabel ante o CW Santiago (8-6), que pasa a liderar en solitario a clasificación.
O traballo defensivo dos de Javi de Sáa foi notable durante os dous primeiros cuartos, pero os erros en ataque impediron tomar vantaxe e ao descanso o marcador reflectía un empate a dous goles.
No terceiro parcial os locais tiveron mellor acerto en ataque, con axuda dalgúns desaxustes da defensa pontevedresa, o que sumado á falta de gol do CW Pontevedra fixo que se abrise unha brecha no marcador. A pesar dos intentos por remontar o 5-3 co que se chegaba ao último período, o equipo visitante non logrou igualar o choque e nun contraataque a falta de menos dun minuto terminou supoñendo a sentenza co fenitivo 8-6.
A pesar da derrota o Waterpolo Pontevedra mantense despois de tres xornadas de liga na segunda posición con 6 puntos, a 3 do Santiago.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra promociona o seu deporte nos colexios marinenses
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra recupera o ritmo cunha goleada na Coruña
Por Redacción |
-
Unha nova e ilusionante tempada para o Club Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra sofre pero mantense invicto na Primeira División Galega
Por Redacción |
-
Un recoñecemento nacional ao traballo do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |