O Trail de Montaña Vila de Cuntis, consolidado despois da súa quinta edición
Por Redacción
Bo sabor de boca deixou o pasado domingo a quinta edición do Trail de Montaña Vila de Cuntis, organizado polo Club de Montaña Xesteiras.
A proba contou coa participación de máis de 350 participantes entre as modalidades de fila 0 (52 participantes), trail (101 participantes), mini trail (98) e as dúas andainas programadas (115 participantes).
A proba máis longa, o trail de 28 quilómetros de percorrido, transcorreu pola Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil, Cequeril e Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de máis de 1.500 metros.
Pola súa banda o mini trail constou de 17 quilómetros con 700 metros de desnivel acumulado, mentres as andainas completaron 16 e 9 quilómetros respectivamente.
A recadación da fila 0 foi doada a Marcos Cidras, corredor do Coutadas Racing Team que se quedou en cadeira de rodas tras sufrir lesións medulares nun accidente laboral.