O Pontevedra, "contento" tras renovar o acordo de patrocinio coa Deputación
Por Diego Espiño
Un ano máis a Deputación mantense como patrocinador principal do Pontevedra Club de Fútbol, en virtude do convenio de patrocinio asinado este xoves no Pazo Provincial pola presidenta provincial, Carmela Silva, e a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo.
Ambas as dirixentes mostraron unha vez máis a súa sintonía persoal ao explicar os termos do acordo, idénticos aos da pasada campaña cunha achega económica de 160.000 euros (193.000 euros co IVE incluído).
"Creo que temos que apostar polo deporte de elite. Cada euro que se invirte no deporte, neste caso no fútbol, repecurte directamente na economía das cidades", sinalou Carmela Silva.
Lupe Murillo pola súa banda quixo "darle las gracias por este apoyo", co que "estamos contentos" aínda que aproveitando a situación aventurouse a pedir "a ver si poco a poco vamos subiendo un poco más para hacer una plantilla más competitiva".
Ante os medios de comunicación presentes ambas as dirixentes aproveitaron para pedir un esforzo á afección para o importante choque do sábado (20:00 horas) ante a Arandina, no que está en xogo a clasificación para o play-off, coa intención de "que non colla unha agulla no campo", sinalou Carmela Silva, e tentar asegurar o cuarto posto "cuanto antes, porque esto es ya un sufrimiento", completou Murillo.
Relacionadas:
-
Billete para o play off. O Pontevedra permítese soñar ao impoñerse a unha "motivada" Arandina (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A por tres puntos que valen un play-off
Por Diego Espiño |
-
Iker Alegre apúntase á fase decisiva da liga
Por Diego Espiño |
-
Pasarón tamén xoga ante a Arandina
Por Redacción |
-
Perdoa o Boiro e o Pontevedra arrinca un punto de ouro (1-1) que lle achega ao obxectivo
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |