ÿxito de participación na primeira proba da Transgalaica 2013 de BTT-Maratón
Por Redacción
O tempo acompañou e os afeccionados á bicicleta responderon á primeira cita da Transgalaica 2013 de BTT-Maratón que tivo como escenario o Concello de Cotobade.
Preto de 350 ciclistas tomaron a saída dende Carballedo entre a competición e a marcha popular baixo un percorrido de 53 quilómetros que non depararon demasiadas sorpresas, con vitoria dos máximos favoritos Brandán Márquez, do Team Corbelo-Inter Rías, e Susana Alonso, do Maat Int-Extremadura.
Dende a primeira ascensión longa de pista formouse un grupo de cinco corredores entre os que se atopaba o vencedor, Brandán Márquez, quen tivo que remontar ante o pulo inicial de Miguel Arias, que concluíu segundo, e Javier Busto, cuarto na xeral. No medio dos dous, para completar o podio, meteuse Diego Álvarez.
En categoría feminina ademais de Susana Alonso, vencedora das dúas últimas edicións da Transgalaica, subiron ao podio María Blanco e Tania López.
Pola súa banda, na clasificación por equipos o vencedor foi o Club Ciclista de la Fuente.