A sorte non sorríe o Club Voleibol Pontevedra, que cae na casa (0-3) ante o Xuvenil Teis
Por Redacción
Tras tres vitorias consecutivas, o Club Voleibol Pontevedra freou a súa boa serie. O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) non foi nesta ocasión talismán para as pontevedresas. O equipo local caeu por 0 sets a 3 ante o Xuvenil de Teis.
A pesar do claro resultado que reflicte o marcador, o partido entre ambos os equipos foi moi igualado.
O marcador foi subindo de maneira parella para os dous equipos desde o comezo de cada set, chegando aos últimos compases do mesmo cun resultado igualado. Con varias bólas de set para cada equipo, a sorte sempre sorriu ao Xuvenil Teis.
As viguesas impuxéronse por 27-29, 26-28 e 23-25 nos tres parciais.
Con este resultado, o CV Pontevedra é quinto na clasificación da Primeira División con tres vitorias e dúas derrotas.