Primeiro triunfo ligueiro do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
Despois de iniciar a liga de Primeira División Galega cun empate ante o CN Coruña, o Waterpolo conseguiu á segunda ocasión o seu primeiro triunfo da tempada.
Fíxoo despois de sacar adiante un complicado partido en Ferrol (10-14).
Os de Javi de Sáa sobrepuxéronse ás baixas e comezaron cun parcial de 3-0 a favor, pero erros defensivos e fallos para gol foron complicando o partido.
Así, no último cuarto, o Marina Ferrol chegouse a poñer a un tanto (8-9 e 9-10), pero os pontevedreses conseguiron entón un último parcial de 1-4 a favor para sentenciar o encontro.
Desta forma o Waterpolo Pontevedra sitúase a dous puntos do liderado que ocupa o RCN Vigo, precisamente o seu próximo rival na liga, o vindeiro sábado 12 de novembro na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
MARINA FERROL (10): Fernández, Sanz, Martin (1), Tellado (1), Pérez (1), Rey, Ponte, Lago, Bonome, Uria (2), Toro, Bouza (5), López.
CW PONTEVEDRA (14): Sueiro, Rober (3), Germán, Eric, Iago (1), Mauro (2), Héctor, Aarón (3), Miguel (1), Montojo (1), Bran (3), Pablo (1), Xoán.
Parciais: 1-3, 2-3, 4-2, 3-6.