Xornada negativa para os equipos do Leis e empate a domicilio do Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Derrota sen paliativos do Leis Pontevedra na Segunda B masculina, na pista do Cuéllar-Cojalba (7-1).
O partido tivo pouca historia para os pontevedreses, sorprendidos polo forte inicio dos locais, que aos 6 minutos xa gañaban 3-0.
Manu Cossío decidiu sacar ao porteiro-xogador para frear o dominio local. E conseguiuno, aínda que o Cuéllar volvía marcar para chegar 4-1 ao descanso.
Con todo, un gol dos locais aos dous minutos do segundo tempo acabou coa resistencia do equipo pontevedrés, que con esta derrota queda na décima posición con 5 puntos.
Tamén foi derrotado con claridade o equipo feminino do Leis, que milita na Segunda División, no seu caso na cancha do Valdetires de Ferrol (7-3).
A fortaleza física das locais decantou a balanza no inicio do choque, e cando as xogadoras pontevedresas quixeron reaccionar xa perdían por tres goles.
Na segunda metade cambiou o partido, co Leis máis metido en busca da remontada. Chegaron a recortar distancias ata o 4-2, pero a falta de acerto castigou ás de Raúl Jiménez, que viron como o Valdetires sentenciaba.
A derrota deixa ao Leis-Marcón na última posición con 2 puntos.
Mellor van as cousas no Grupo I da Segunda División Feminina ao Cidade de Pontevedra, que tivo moi preto o triunfo na pista do Red Stars (3-3).
O Cidade, nun duelo disputado de poder a poder, foron siempor por diante no marcador con goles de Gema, Carmen e Nati, pero viron como as locais igualaban no último minuto.
O empate deixa ao equipo pontevedrés na sétima praza do seu grupo con 8 puntos.
Relacionadas:
-
Empate do Leis femenino na casa ante o Futsi; o Cidade de Pontevedra cae ante o Intersala
Por Redacción |
-
Tropezo na casa (2-3) dun Leis que se deixa tres puntos fronte o Noia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Empates para Cidade de Pontevedra e Leis Feminino e derrota do equipo masculino
Por Redacción |