Proba de nivel para o Poio Pescamar na Seca ante o Jimbee Roldán
Por Redacción
Despois de encaixar en Alacante a súa primeira derrota da tempada, o Poio Pescamar busca retomar a senda da vitoria para consolidarse na parte alta da clasificación na máxima categoría.
O cadro vermello recibe este sábado na Seca (18:30 horas, TVG2), ao Jimbee Roldán na que será unha auténtica proba de nivel para ambos, empatados a 10 puntos na cuarta praza.
O Roldán chegará a Poio condicionado pola longa viaxe desde Murcia, que afrontará durante a noite do venres, e coa baixa da canteirá Andrea.
Pola súa banda Marcio Santos poderá contar con todo o plantel á súa disposición nunha convocatoria que compoñen: Silvia, Sara, Charo, Jenny, Carol, Ale de Paz, Jessi, Ceci, Patri Corral, Jessy Lores e Suki.
Durante o partido, poderanse retirar ademais no propio pavillón as entradas para o choque entre as seleccións femininas absolutas de España e Portugal, que se celebrará en Poio o vindeiro martes 18 de outubro.