O España-Portugal, un premio á "constancia, dedicación y trabajo" do Poio Pescamar
Por Diego Espiño
As categorías inferiores do Poio Pescamar consolidáronse nos últimos anos como unha das mellores canteiras de España, sumando varios títulos nacionais, mentres o seu equipo absoluto goza do mellor arranque da súa historia na máxima categoría do fútbol sala feminino. Por ese motivo o partido internacional absoluta entre España e Portugal que se disputará en Poio vese como "un premio a la constancia, dedicación y trabajo" do club.
Así o verbalizó Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar, no inicio da presentación do torneo que leva o nome da conserveira, e na que tamén estaban o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Gustavo Falque, o concelleiro Ángel Moldes e o presidente do club vermello, Juanjo García.
Precisamente García recolleu a luva para sinalar que é "un premio y un lujo" poder contar o martes 18 de outubro (20:30 horas) con "dos de las mejores selecciones mundiales", xunto coa de Brasil.
Juanjo García: "Lo bonito sería que contaran con alguna jugadora del Poio"
A pesar da alegría que supón un evento destas características, a satisfacción non será plena ata ver a convocatoria da Selección Española, xa que "lo bonito sería que contaran con alguna jugadora del Poio", recoñeceu o presidente, xa que actualmente nas filas do equipo hai dúas futbolistas que xa defenderon a camisola de España como Silvia Aguete e Ceci, pero tamén "otras jugadoras están a gran nivel", sinalou.
As entradas contarán cun prezo de 5 euros (3 euros para os menores de 16 anos) e están á venda desde este mércores no pavillón da Seca, pero tendo en conta "que no contamos con mucho aforo", o presidente vermello pediu aos seus afeccionados que non esperen a última hora para adquirilas. O horario de venda é de 18:00 a 23:00 horas.
Ademais, segundo explicouse na presentación, os equipos de España e Portugal chegarán a Poio o domingo 16 de outubro, tendo previsto realizar varios adestramentos no pavillón municipal.
Relacionadas:
-
Poio arroupa a España na súa primeira vitoria (5-3) ante Portugal en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Demasiado respecto entre Poio Pescamar e Roldán (2-2)
Por Redacción |
-
Proba de nivel para o Poio Pescamar na Seca ante o Jimbee Roldán
Por Redacción |
-
Primeira derrota da tempada para o Poio Pescamar ao caer en Alacante (4-1)
Por Redacción |
-
A Selección Española Feminina de fútbol sala xogará un amigable contra Portugal en Poio
Por Redacción |