O deporte popular volve a Santo Tomé de Piñeiro coa VII Carreira Pinga-Pinga
Por Redacción
O campo de fútbol de Santo Tomé de Piñeiro volverá ser punto de partida e chegada da sétima Carreira Pinga-Pinga, o vindeiro sábado 8 de outubro.
A proba popular absoluta completará tres voltas ao circuíto habilitado para facer un total de 7,2 quilómetros.
A actividade comezará ás 16:10 horas coas carreiras de menores e concluirá ás 17:00 horas coa saída da carreira absoluta. Ademais como novidade organízase unha andania non competitiva de 4 quilómetros que tamén partirá ás 17:00 horas.
Como en anos anteriores o Club Deportivo Pinarium homenaxeará a un deportista pola súa traxectoria, sendo nesta ocasión o elixido o triatleta veterano Manuel Cruces 'Panoramix'.
As inscricións para a Pinga-Pinga poden formalizarse na páxina www.cronotec.es ata o día 5 de outubro, cun prezo 4 euros por participante.