O atletismo, protagonista en Santo Tomé de Piñeiro coa VII Pinga-Pinga
Por Diego Torrado
Sol, boa temperatura e deporte popular encheron de actividade durante a tarde do sábado Santo Tomé de Piñeiro coa sétima edición da Carreira Pinga-Pinga, organizada polo Club Deportivo Pinarium.
A proba popular absoluta, cun percorrido de 7,2 quilómetros, contou con 157 atletas, pero a cifra de participantes foi moito maior contando coas categorías inferiores.
Iván Casanovas foi o gañador na categoría masculina, mentres Leticia Fernández repetiu o triunfo do pasado ano na feminina.
Ademais, como novidade, nesta ocasión organizouse unha camiñada popular de 4 quilómetros.
Relacionadas:
-
O Pinarium suspende a carreira Pinga Pinga por "non poder garantir a seguridade" dos participantes
Por Redacción |
-
Marea esixe a María Ramallo que non ceda á "chantaxe" que pon en risco a carreira Pinga Pinga
Por Redacción | Creada e actualizada
-
No aire a continuidade da carreira Pinga Pinga
Por Redacción |
-
O deporte popular volve a Santo Tomé de Piñeiro coa VII Carreira Pinga-Pinga
Por Redacción |