Miso e Derksen guian ao Peixe Galego a vencer ao Melilla (78-72) no seu debut en LEB Ouro
Por Redacción
Poucos soñaban cun debut así na liga LEB Ouro, pero o Peixe Galego sorprendeu unha vez máis a propios e estraños ao vencer ao poderoso Melilla Baloncesto (78-72) na súa estrea na categoría de prata do baloncesto nacional.
Os de Marín, levados polo aire pola súa afección, perderon o respecto desde o salto inicial a un equipo que o pasado ano logrou na pista o ascenso á liga ACB, aínda que despois non puido confirmalo nos despachos.
Pero esta era outra historia. Guiados en ataque por un Andrés Miso e un Tim Derksen imparables e cunha grande defensa, os de Javi Llorente demostraron que chegaron á LEB Ouro para plantar batalla.
Entre Miso e Derksen anotaron 44 puntos (22 cada un), con especial acerto do primeiro desde a liña de tres, para dominar desde o primeiro cuarto (23-17).
O bo inicio deu ás aos locais, cun Melilla que non era capaz de anotar con facilidade e que vía como o Peixe abría oco ao descanso (41-29).
A defensa seguiu funcionando á perfección nos de Javi Llorente no terceiro parcial, chegando a mandar 59-42 a falta de 10 minutos para desesperación dos visitantes, que reaccionaron no último parcial recortando distancias. Fixérono tarde e a pesar de maquillar o resultado a vitoria do Peixe Galego non escapou.
Consulta aquí as estatísticas do Peixe Galego-Melilla Baloncesto.
Relacionadas:
-
Agónico triunfo tras dúas prórrogas do Peixe Galego en Huesca (102-105)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego roza a proeza pero termina cedendo ante o Basquet Coruña (71-65)
Por Redacción |
-
A Coruña, segunda parada dun Peixe Galego pendente do transfer de Jason Cain
Por Diego Espiño |
-
Ilusión 'peixe' ante o complicado debut en LEB Ouro contra o Melilla
Por Diego Espiño |
-
Os partidos de liga do Peixe Galego poderán verse de balde a través da internet
Por Redacción |
-
Cambio de cromos no Peixe Galego, que ficha ao escolta Andrés Miso
Por Redacción |