Cambio de cromos no Peixe Galego, que ficha ao escolta Andrés Miso
Por Redacción
Movemento inesperado no Peixe Galego para reforzar o seu plantel ante o inminente inicio da liga LEB Ouro.
O club marinense confirmou a contratación do escolta Andrés Miso, un xogador de ampla experiencia na Liga ACB que vén mellorar a porcentaxe no tiro exterior do equipo.
Aínda que procede do Oviedo de LEB Ouro, onde militou a pasada campaña promediando 11,2 puntos por partido, Miso (33 anos) acumula 14 tempadas de experiencia na máxima categoría en equipos como o Estudiantes, Cajasol, Fuenlabrada ou UCAM Murcia.
A súa chegada responde ademais á falta de adaptación do norteamericano Joe de Ciman, a quen se lle busca xa unha saída tras non responder as expectativas que había depositadas nel, na que é a súa primeira experiencia europea.
TRIUNFO EN COPA GALICIA ANTE O XUVEN
O Peixe Galego pechou ademais a súa participación na primeira fase da Copa Galicia de Baloncesto cun triunfo na cancha do Xuven Cambados (71-77), nun partido que serviu para seguir facendo probas e ver a evolución do equipo.
Relacionadas:
-
Miso e Derksen guian ao Peixe Galego a vencer ao Melilla (78-72) no seu debut en LEB Ouro
Por Redacción |
-
Ilusión 'peixe' ante o complicado debut en LEB Ouro contra o Melilla
Por Diego Espiño |
-
Os partidos de liga do Peixe Galego poderán verse de balde a través da internet
Por Redacción |
-
Prometedor triunfo do Peixe Galego en Copa Galicia ante o Breogán
Por Redacción |
-
Boa imaxe do Peixe Galego a pesar de caer derrotado ante o COB Ourense
Por Redacción |
-
O Peixe Galego estréase en Copa Galicia con derrota ante o Basquet Coruña (65-74)
Por Redacción |