Segue firme o Céltiga; tamén gaña o Villalonga, mentres Arosa e Ribadumia empatan no derbi
Por Redacción
Non é fácil gañar en Calabagueiros e o Céltiga fíxoo. Un solitario gol de Yun, mediado o segundo tempo, deu a vitoria aos da Illa sobre o sempre complicado Barco, permitindo ao cadro branquivermello acceder a unha sorprendente terceira praza, sendo xunto co líder Racing Villalbés o único equipo que segue sen coñecer a derrota en Terceira División.
Consulta aquí o acta do partido entre Barco e Céltiga.
Visitaba San Pedro un Barbadás invicto, pero o Villalonga soubo facerse forte no seu feudo e conseguir un meritorio triunfo no último minuto de partido.
Javi Pazos adiantaba aos celestes ao transformar un penalti (minuto 33), pero Quintairos empataba para os ourensáns mediada a segunda parte.
Cando parecía que o partido terminaría en empate, José Filgueira conseguía o gol da vitoria local.
Consulta aquí o acta do partido Villalonga-Barbadás.
Repartición de puntos no derbi entre Arosa e Ribadumia, nun partido no que os de Jorge Otero deixaron escapar unha vantaxe de dous goles conseguida tras unha saída fulgurante do equipo da Lomba.
Os arlequinados marcaron dous goles nos primeiros 10 minutos de partido, pero o Ribadumia non cedeu e soubo arrincar un meritorio punto.
Fran Matos e Sergio Santos poñían un temperán 2-0 no marcador. Changui recortaría distancias á hora de xogo, e Paco Reigosa conseguía a igualda final, a falta de 13 minutos para a conclusión.
Consulta aquí o acta do partido Arosa-Ribadumia.
Relacionadas:
-
Correctivo do Villalonga ao Céltiga, sorprendente tropezo do Arosa e triunfo do Ribadumia que frea ao Bouzas
Por Redacción |
-
Derbi para o Ribadumia en Vilalonga, vence o Arosa no desconto e segue firme o Céltiga
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa na Illa, golea o Ribadumia e o Villalonga cae en Abegondo
Por Redacción |
-
O Arosa presenta candidatura en Abegondo, Ribadumia e Villalonga caen e Céltiga segue sen perder
Por Redacción |
-
Ribadumia e Céltiga "pescan" a domicilio mentres Arosa xoga ben pero non gaña e Villalonga cede en San Pedro
Por Redacción |
-
Cara para o Villalonga, que vence ao Choco (0-1) e cruz para o Ribadumia, superado polo Bergantiños (0-3)
Por Redacción |