O Portonovo estréase, o Sanxenxo cae goleado e o Unión Grove encaixa a súa primeira derrota
Por Redacción
Primeiro triunfo da tempada para o Portonovo, que escala postos na clasificación do Grupo Sur de Preferente tras impoñerse en Baltar ao Verín (1-0).
Un gol de Pablo Silva aos 34 minutos foi definitivo para o cadro arlequinado, que despois se defendeu con solvencia para asegurar os tres importantes puntos.
Os de Borja Burgos son agora novenos con seis puntos e seguen sen perder, xa que chegaban á cita despois de tres empates nas tres primeiras xornadas.
Consulta aquí o acta do Portonovo-Verín.
O Xuventú Sanxenxo viu cortada a súa xeira triunfal de inicio de tempada e fíxoo dunha maneira contundente, encaixando unha goleada no campo do Gondomar (5-0), líder invicto da competición.
Os amarelos víronse superados desde a primeira metade e ao descanso xa caían por dous tantos. Miguel Villar, cun 'hat trick' resultou decidivo e sentenciou o choque na segunda parte.
A pesar da derrota os de Óscar García mantéñense na zona nobre e son cuartos con 9 puntos, os mesmos que o segundo clasificado.
Consulta o acta do Gondomar-Xuventú Sanxenxo.
Tamén encaixou a súa primeiro derrota do curso o Unión Grove, no seu caso na casa ante o Atios (0-2).
Un penalti aos 19 minutos empezou a desnivelar un partido que arrincara con moita igualdade e que se terminou decidindo antes do descanso co segundo gol visitante.
O Unión Grove queda agora na undécima praza con 5 puntos.
Consulta o acta do Unión Grove-Atios.