Tres de tres para o Sanxenxo, triunfo do Unión Grove e novo empate do Portonovo
Por Redacción
Segue intratable o Xuventú Sanxenxo no Grupo Sur de Preferente, que encabeza con 9 puntos de 9 posibles tras sumar ante o Valladares o seu terceiro triunfo consecutivo (2-0).
Fíxoo nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador final, e no que os amarelos anotaron nos minutos clave.
Jorge Almirón adiantou aos de Óscar García aos 3 minutos de xogo, pero o Sanxenxo non foi capaz de sentenciar ata o último minuto de xogo, cando Álex Corrales fixo o 2-0 definitivo.
Consulta aquí o acta do Xuventú Sanxenxo-Valladares.
Conseguiu a súa primeira vitoria da tempada o Unión Grove, e fíxoo a domicilio ante o Verín (1-3) nun traballado encontro que non se decidiu ata o último cuarto de hora.
O cadro meco adiantouse á media hora cun gol de Rubén, pero os locais igualaron na seguinte xogada. Ao final, o choque decantouse para o Grove cos goles de Diego Lorenzo no 78 e Caamaño no 90. Con este resultado o Unión Grove sitúase na sexta praza con 5 puntos.
Consulta aquí o acta do Verín-Unión Grove.
O que non termina de arrincar é o Portonovo, que sumou o seu terceiro empate do curso, esta vez no campo do Nogueira de Ramuin (1-1) e segue sen coñecer a vitoria.
O cadro arlequinado adiantouse tras o descanso grazas a un tanto de Grande no 47, pero os locais igualaron no 74. Co empate os de Borja Burgos son décimo terceiros con tres puntos.