Rendibilidade máxima para o Marcón e novo empate do Pontevedra B
Por Redacción
O Marcón Atlético volveu a demostrar a súa solidez ao impoñerse pola mínima ao Candeán (1-0), mesmo resultado que na primeira xornada.
Os pontevedreses rendibilizaron ao máximo os seus goles para situarse, con seis puntos, como un dos tres únicos equipos que sumaron dous triunfos.
Neste caso un gol de Berto aos 44 minutos resultou suficiente para os locais, que despois defenderon con solvencia a súa renda.
Consulta aquí o acta do Marcón-Candeán.
O venres abriu a xornada da Primeira Rexional en Pontevedra B recibindo na Xunqueira ao Atlético Cuntis (1-1), sumando o seu segundo empate noutros tantos partidos.
Pablo del Castillo adiantou ao Cuntis na primeira metade e Ramón igualou para o filial mediado o segundo tempo.