Inicio con bo pé do Marcón e empate para o Pontevedra B
Por Redacción
A liga arrincou a fin de semana na Primeira Rexional con bo pé para o Marcón Atlético, que conseguiu os primeiros tres puntos dunha tempada na que aspira a recuperar a categoría perdida.
Os pupilos de Luís Oliveira rendibilizaron ao máximo un gol de Arturo aos 21 minutos de xogo para facerse co triunfo no sempre complicado campo do San Martín de Vilaxoán.
A pesar dos intentos locais, o equipo pontevedrés defendeu con acerto a súa renda, sobre todo a partir de que no minuto 62 o San Martín quedase cun futbolista menos por expulsión.
Consulta aquí o acta do San Martín-Marcón.
Non lle foi igual de ben ao Pontevedra B, que non pasou do empate en Campo Lameiro (1-1).
O filial granate salvou polo menos un punto nun encontro no que os locais tomaron vantaxe aos 34 minutos, cun gol de Ángel, e que se complicou no segundo acto coa expulsión de Nieto.
Yago, no tramo final do encontro conseguiu o empate para o equipo adestrado esta campaña por Santi Mariño.