Águeda Cons suma a súa segunda medalla individual no Nacional de Verán
Por Redacción
Non hai xornada sen medalla para o Club Natación Galaico no Campionato de España de Verán que se está celebrando en Las Palmas de Gran Canaria.
Águeda Cons sumou este venres a súa segunda medalla individual, terceira coa da remuda 4x200, ao finalizar segunda no 200 libre para deportistas de 16 anos.
A nadadora pontevedresa, que conseguira o ouro nos 800 libre, colgou esta vez a medalla de prata cunha marca de 2:04.46. Ademais foi sétima nos 400 estilos (4:59.73).
A xornada deixou tamén o quinto posto para Bea Gómez nos 400 estilos absolutos cun tempo 4:45.95. A deportista internacional nadou ademais as eliminatorias dos 200 libre (2:04.68) pero causou baixa na final.
Nos 400 estilos tamén participaron Paula Goyanes, décima clasificada (4:56.04), e Lara Gómez, sexta na categoría de 17 anos (5:10.28).
Relacionadas:
-
Águeda Cons e Paula Goyanes, na concentración nacional de augas abertas
Por Redacción |
-
Futuro garantido no Club Natación Galaico
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez e Águeda Cons poñen o broche de ouro ao Nacional de Verán con dúas medallas máis para o Galaico
Por Redacción |
-
A remuda 4x200 dálle ao Galaico a súa segunda medalla nas Palmas
Por Redacción |
-
Águeda Cons, primeira medalla para o Galaico no Campionato de España
Por Redacción |
-
Oito nadadores do Galaico afrontan nas Palmas o Campionato de España de Verán
Por Redacción |