Jorge Basanta abandona o Poio Pescamar por "motivos persoais"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A planificación da próxima tempada no Poio Pescamar deu un xiro inesperado coa saída do técnico do primeiro equipo, Jorge Basanta.
O adestrador, que levaba un ano no banco da Seca, desvinculouse do equipo "por motivos persoais" que lle fan regresar a Lugo, debido ao falecemento dun familiar da súa parella.
Basanta estaba totalmente implicado na composición do novo plantel, que buscará de novo a permanencia na máxima categoría do fútbol sala feminino.
"Motivos persoais fan que tome esta decisión realmente complicada pensando non soamente en min senón tamén na persoa que me apoiou día tras día", recoñeceu o técnico nunha carta de despedida.
Na mesma sinala que marcha agradecido pola oportunidade tras "un ano cheo de experiencias inesquecibles e aprendizaxes constantes que non sería posible sen o gran grupo humano que me atopei".
O Poio Pescamar traballa agora na incorporación dun novo adestrador, que esperan confirmar nos próximos días.
Relacionadas:
-
A cuarta tempada o Poio Pescamar na elite arrancará o 10 de setembro en Pamplona
Por Redacción |
-
Marcio Santos regresa ao Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cadete repite proeza e suma o seu cuarto título nacional consecutivo
Por Redacción |
-
O novo proxecto do Poio Pescamar empeza a tomar forma
Por Redacción |