Trescentos ciclistas participan na segunda edición do MiniBTT de Campelo
Uns trescentos mozos ciclistas participaron este domingo na segunda edición do MiniBTT de Campelo, unha proba deportiva que pechou unha fin de semana no que Poio converteuse na capital galega da mountain bike, ao acoller tamén o campionato autonómico de cross county olímpico (XCO) en Samieira.
As inmediacións da praia de Cabeceira, en Lourido, foi o lugar elixido polo Club Ciclista Corbelo, organizador da proba, para celebrar as diferentes carreiras que se disputaron ao longo da xornada.
Ata tres voltas ao circuíto deron os participantes de maior idade, os de categoría infantil. Todos eles eran corredores procedentes de clubs de toda Galicia.
Os gañadores das respectivas carreiras foron:
- Prebenxamíns: Aarón Rodríguez (CC Ponteareas) e Nerea Soto (Teabike)
- Principiantes: Mauro Vega (CC Coruxo) e María Filgueira (Caimanes Betanzos)
- Promesas: Xián Alvariño (EC Redondela) e Marta Castro (CC Betanzos)
- Alevíns: Sergio Farto (CC Farto) e Uxía Soto (Teabike)
- Infantís: Jorge Fernández (CC Coruxo) e Noela Sáa (CC Maceda)
Pero máis aló dos ciclistas máis rápidos, o máis importante foi o carácter deportivo que mostraron todos os participantes, gozando dunha xornada na que o bo tempo axudou a que todos compartisen unha experiencia que axudará á súa formación.