A falta de permisos da DXT obriga a suspender a xornada no Rallye de Moraña
Por Redacción
A falta de permisos obrigou a suspender dous das tres mangas de competición previstas na primeira xornada do I Rallye de Moraña, proba do Campionato de Galicia de Rallymix.
A Dirección Xeral de Tráfico obrigou á Federación Galega de Automobilismo a suspender a xornada de tarde ao contar só cos permisos en regra ata as 14:00 horas, cando no calendario oficial sinalaba o inicio da segunda manga ás 14:15 e da terceira ás 16:15 horas.
Deste xeito os participantes só puideron completar a primeira pasada ao circuíto de case oito quilómetros con zonas de asfalto e terra.
Os pilotos, tras a suspensión e momentos de certa tensión coa organización, dirixíronse ao parque pechado, xa que está previsto retomar o rallye á primeira hora do domingo coa intención de realizar as dúas mangas previstas inicialmente e tentar recuperar algunha das canceladas este sábado.
Se termina el RallyMix de Moraña por hoy. Debido a la falta de permisos tan solo disputamos una manga. Mañana más... pic.twitter.com/Jv7WJC3joc
— Javier Pardo (@javipardosiota) 4 de junio de 2016