O Voleibol Pontevedra, á procura de novos talentos
Por Redacción
Durante dúas semanas, do 27 de xuño ao 8 de xullo, o Club Voleibol Pontevedra organiza un obradoiro de verán para tentar promocionar o seu deporte entre os máis pequenos.
Dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2007, celebraranse tres xornadas de adestramento semanal destinadas a "darle la oportunidad a los niños de practicar voleibol", sinalou Roberto Castro, representante do club.
As xornadas de adestramento terán lugar no pavillón da Xunqueira II os luns, mércores e venres con dous grupos: un de iniciación (de 10:00 a 11:30 horas) e outro de perfeccionamento (11:30 a 13:00 horas).
A pesar de que se tratade un deporte que "suele gustar" a todos os escolares cando o coñecen, no Club Voleibol Pontevedra centra o seu obxectivo de captación nos nenos para tentar ampiar a súa estrutura formando equipos masculinos, agora inexistentes.
A inscrición para estas xornadas, que terá un custo de 20 euros, pode formalizarse a través do correo electrónico tallerveranocvp@gmail.com ou no teléfono 686 874 589.